Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

A Festa da Lectura de Ferrol inaugura o calendario de feiras de Galicia

0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos

A Festa da Lectura, do Libro e da Palabra de Ferrol celebrarase na praza da Constitución entre os días 19 e 23 de abril. Estará dedicada a Ricardo Carvalho Calero, con quen se traballará nos obradoiros infantís de chapas e cadernos que se celebrarán polas mañás.

Tamén haberá unha mención especial a Roberto Vidal Bolaño, homenaxeado no Día das Letras Galegas, coa presentación do libro e audiovisual “Un chapeu negro e un nariz de paiaso” e coa función teatral “Touporroutou”, que escenificará para un público infantil a compañía Maquinarias.

A concelleira de Educación, Susana Martínez Galdós; Antonio Fernández Maira, representante da Federación de Libreiros de Galicia; e Manuel Rodríguez, presidente da Agrupación de Libreiros de Ferrolterra, presentaron hoxe publicamente o programa, que se abrirá cun pregón, o venres 19, a cargo de Celso Fernández Sanmartín, contador de historias tradicionais.

Haberá un total de oito postos e daranse a coñecer máis de media ducia de novidades editoriais. Os rapaces serán os principais destinatarios das actividades complementarias, como actuacións musicais (dos alumnos e profesores do Xan Viaño e da Banda Ferrolá) e representacións teatrais.

0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos