Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O Concello saca do desván as obras dos grandes paisaxistas da cidade naval

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O centro cultural Carvalho Calero do Inferniño acolle desde onte e ata o 24 de outubro unha colección de fondos pictóricos do municipio con obras dos seus creadores máis relevantes. 
“Paisaxe ferrolá na colección do Concello”, que así se denomina, é una fiestra aberta ao talento dos grandes pintores da cidade, nomes propios xa consolidados e as futuras promesas con novas visións sobre a cidade naval que se artellan nunha mostra que supón unha ollada a nosa urbe en 21 obras. 
Destas creacións, 19 delas pertencen aos fondos pictóricos do municipio coas firmas como Sotomayor, Bello Piñeiro, Máximo Ramos, Seijo Rubio, Leira Domínguez, Eduardo de la Vega ou Pérez Villamil, entre outros, aos que tamén se suman os de José González Collado ou Jesús Balado Paz. 
“O chisco ao futuro” –destacou onte o concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea– “vén da man de Andrés Gabarres, un mozo moi talentoso que se está a formar en Belas Artes en Madrid e que vén de ceder dúas das súas obras para esta mostra. Na primeira, pódese ollar a rúa Real e na segunda, capturou un intre da cidade desde unha esquina da praza de España”.

honesta e modesta 
Respecto da exposición en conxunto o edil afirmou que “é unha mostra honesta e modesta a partires dos fondos locais con obras marabillosas”. Basterrechea falou da necesidade de facer “patrimonio día a día” e seguir a traballar na procura de novos fondos cunha política de compras coherente que palie as importantes lagoas que existen na colección local onde faltan nomes como os de Imeldo Corral ou Segura Torrella. 
A mostra ten un carácter didáctico. Enfocase a que os veciños coñezan o patrimonio local, e tamén está pensada para os centros educativos.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620