Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Un colexio de Frades abriu o programa de visitas do Proxecto Terra a Ferrol

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Un grupo de 37 alumnos e tres profesores do CPI Ponte Carreira, do municipio coruñés de Frades, foi o encargado de inaugurar o pasado martes o programa de visitas á cidade naval previstas para este curso no Proxecto Terra. A iniciativa, promovida desde hai anos polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), recupera este ano, grazas “á disposición e receptividade” da concelleira de Turismo, Mª Carmen García Fraga, a colaboración do Concello de Ferrol, que sufraga os custes do paseo en lancha pola ría e a visita ao castelo de San Felipe.

Así o salientou Xosé Manuel Rosales, coordinador dunha actividade enmarcada no Plan Proxecta da Consellería de Educación e que cada ano trae a milleiros de escolares á urbe naval para descubrir a súa riqueza arquitectónica e patrimonial.

No curso actual optaron pola visita ferrolá –o proxecto ofrece tamén percorridos por outras cidades e vilas galegas– cinco centros educativos. Así, ademais do Ponte Carreira, entre o mes de abril e maio pasarán pola cidade o CPI Antonio Orza de Boqueixón, o CPI Fonte Díaz, o IES Elviña da Coruña e o IES de Salvaterra do Miño.

Algúns deles permanecerán na comarca máis dun día, ao se inscribir na modalidade de intercambios territoriais, que inclúe  un percorrido polas Fragas do Eume tras pernoctar no albergue Alvarella.

actividade

A actividade na cidade naval inclúe un percorrido polo barrio da Magdalena, con paradas na Aula de Ecoloxía Urbana e a Exposición Nacional da Construción Naval, unha das novidades da presente edición. Un paseo en lancha pola ría local e a visita ao castelo de San Felipe completan unha xornada na que os participantes están en todo momento acompañados por unha guía da empresa Fertur, que vai achegando unha completa información relativa á cidade.

A de Ferrol é unha das visitas que máis interese suscita ano tras ano entre os participantes na iniciativa promovida polo COAG. Ademais, cinco centros educativos da comarca de Ferrolterra tomarán parte este curso nalgunhas das visitas e intercambios territoriais a desenvolver noutros puntos da comunidade.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620