Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O equipo de “Os fenómenos” presentará hoxe a película ao público nos cines Dúplex

0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos

A sesión das 20.15 horas de hoxe da película “Os fenómenos” na sala Dúplex de Esteiro terá unha presentación especial previa. A partir das 20.00 horas dous dos seus responsables, o propio director da longametraxe, Alfonso Zarauza, o o director de fotografía, o fenés Alberto Díaz Bertitxi, falaranlle aos espectadores que asistan á función das características desta cinta estreada con notable éxito de crítica e público a pasada fin de semana. A película, sobre o fracaso do boom e da burbulla inmobiliaria, ten como curiosidade que gran parte da rodaxe está feita na comarca de Ferrol, na propia cidade, en Mugardos, Redes e outras localizacións.

última convocatoria
O director de fotografía de “Os fenómenos”, o fenés Alberto Díaz Bertitxi (“Vilamor”, “Las altas presiones”, etc.) destaca que se a película non está rodada integramente en Ferrol e comarca foi polas circunstancias, non polos seus desexos. “Meses antes da rodaxe, que foi en outono, xa estivemos buscando localizacións por toda Galicia ata pensar en que a nosa comarca era perfecta para o tema. Esa idea de desasosego cadraba ben coa situación de Ferrolterra. Rodamos en moitos lugares , en Mugardos, en Ferrol ou en Redes, por exemplo, pero incluso localizacións que ao final fixemos na Coruña ían facerse na parroquia do Seixo. Había un edificio a medio facer alí que era perfecto, pero uns problemas de papeis do construtor impediron que se fixese e houbo que marchar para A Zapateira, na Coruña”, conta.
Bertitxi recibiu o premio á mellor fotografía no Fetival de Ceará en Fortaleza (Brasil) –a película levou outros galardóns no mesmo evento, así como en Bruxelas e Sevilla–. Aínda que ata hoxe ou mañá non saberán que tal foi a recadación da fin de semana, e se a película continúa exhibíndose na maioría dos cines, para o director de fotografía as críticas e referencias están a ser moi boas: “A xente empatiza moito con este tema, que é necesario contar e facelo ben porque a nivel estatal segue a ser unha ferida aberta. É un tema duro pero fiel á realidade”.

0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos