Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Orixinais e coloridas confeccións nunha animada xornada do Entroido escolar

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina

Como é habitual, o Entroido escolar convertiuse onte unha vez máis nun auténtico desfile de laboriosas e orixinais confeccións elaboradas nas propias aulas e, na meirande parte dos casos, con materiais como plásticos, cartulinas, pinturas e pouco máis. Baixo unha temática común de-senvolveron a súa cita moitos dos centros educativos da comarca: os xogos, no caso do Belén -parchís, comecocos, etc– ; as particulares homenaxes brindadas a Miliki tanto no colexio San Rosendo como no Cruceiro de Canido, onde os paiasos foron os auténticos protagonistas; o mar no CEIP Recimil, no que se podía ver unha ampla variedade de sepecies mariñas; ou as profesións no colexio Mercederias –desde cociñeiros a policías pasando por pintores–, ofreceron unha animada xornada que, iso si, tivo que facer fronte ás inclemencias do tempo. De feito, algúns centros optaron por modificar os percorridos dos desfiles que tiñan previstos nun primeiro momento ante as intermitentes choivas que se deron ao longo da mañá de onte.

A exhibición dos disfraces foi acompañada, como é habitual,de comparsas e cantigas que os alumnos interpretaron nos propios centros, así como de festivais aos que, nalgúns centros, os alumnos puideron ir disfrazados ao seu gusto. Á sesión lúdica da mañá deu paso, en moitos casos, ás festas celebradas pola tarde polas Anpas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica