O Concello de Ferrol vai iniciar os trámites para que a celebración das Pepitas sexa declarada Festa de Galicia de Interese Turístico.
A Secretaría Xeral de Turismo é a que ten que dar a súa aprobación logo de que se lle presente o expediente cos datos máis relevantes do evento que se leva adiante na cidade cada 18 de marzo, véspera do Día de San Xosé. A resolución podería coñecerse antes de que remate o ano, segundo informou o alcalde, José Manuel Rey Varela, que onte se reunía coas rondallas para informalas desta decisión e pedirlles o seu apoio. Resaltou o seu carácter de festa tipicamente local e, ademais, única en Galicia.




















