Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Catabois prepara tres días de festa dedicada ós tradicionais maios

0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara

O barrio de Catabois súmase de novo á celebración da festa dos maios, con moita raigame noutras zonas da cidade e de Ferrolterra, e faino cun programa que se desenvolverá durante tres días e que está organizado pola asociación ECHO (empresarios, comerciantes e hostaleiros). Ademais de fomentar a realización de maios e a decoración das casas con flores, preparan unha feira de artesanía e oportunidades para a que teñen xa preto de 60 solicitudes. Aínda se pode realizar a inscrición na Tenda de Anuska.

Pontedeume, Ortigueira e Canido celebran tamén a chegada da primavera

As actividades desenvolveranse entre os días 9 e 11 de maio. O xoves 8 confeccionaranse as construcións na rúa e tamén se decorarán portas, ventás, fachadas e tódolos elementos que de-sexen os veciños. Trátase dunha proposta na que buscan a implicación tanto dos comerciantes como dos particulares. Haberá premios ós maios de adultos e de nenos e tamén ós adornos florais, patrocinados por distintas empresas da zona. Ademais, amenizará a xornada a charanga Os Xotas, de Canido, que tamén percorrerá o barrio o venres 10, coas flores no seu esplendor.
O groso das actividades de-senvolveranse o sábado 11 de maio. Desde as nove da mañá estará aberta na estrada de Catabois a feira de artesanía e oportunidades. Ás once actuará a charanga Virgen de la Amargura. Pola tarde están previstas diversas actuacións nas beirarrúas, a partir, aproximadamente, das 18.30 horas.
Contarase co Mago Fiz e tamén coa música do grupo Move Catabois. Tamén actuarán as cantareiras Mestura Meirás. O momento álxido será unha homenaxe que o barrio fai á banda de gaitas Agarimo, logo de 35 anos de funcionamento.  Pouco antes do seu concerto entregaranse os premios do concurso de maios e haberá tamén unha homenaxe sorpresa a un laureado deportista do barrio.

0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara