Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O documental “Vía Estrecha” realiza un percorrido físico e sentimental pola líña do FEVE

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Un percorrido histórico e sentimental polo FEVE, o tren do Cantábrico que en 2012 se integrou en Renfe, é a cerna de “Vía Estrecha”, o documental que supón a primeira colaboración conxunta do fotógrafo ferrolán Mario Llorca (www.mariollorca.com) e o leonés Óscar Falagán (www.oscarfalagan.com), compañeiros de promoción na licenciatura de Comunicación Audiovisual pola Universidad de Salamanca.
Ámbolos dous, Llorca nos labores de dirección de fotografía e montaxe, e Falagán, na tarefa de guión e dirección, embarcáronse nunha viaxe con punto de inicio na Estación de Ferrol e punto de destino na Estación de FEVE de León, con percorrido intermedio ata Bilbao. Durante sete días retrataron paisaxe e paisanaxe en torno ás liñas de FEVE, aquela que a propia viaxe lles ía brindando no seu percorrido. O documental recolle testemuños de viaxeiros, xefes de estación, factores de circulación, interventores, maquinistas e persoas próximas ou vinculadas, dalgún xeito, ao mundo do ferrocarril. Segundo os seus autores reflexa, entre outros aspectos, “o sentir dos traballadores de FEVE ante a inminente división da súa empresa, para a súa integración en dúas entidades públicas diferentes, Renfe Operadora e ADIF”. Unha viaxe narrativa en tren, que nace na terra materna do primeiro e chega ao seu destino na terra materna do segundo, co engadido dunha secuencia na serra madrileña de Guadarrama.

testemuñas e estrea
Entre algunhas das testemuñas máis representativos do documental, e que ofreceron datos sobre a historia e peculiaridades destas liñas de ferrocarril de vía estreita, encóntranse o presidente da Asociación Ferrolterra Amigos del  Ferrocarril, Manuel del Río, e a do escritor e historiador local Guillermo Llorca. Tamén conta coas do director do Museo de Ferrocarril de Asturias, Javier Fernández, ou da responsable de comunicación de FEVE, Verónica Portell.
Este traballo audiovisual será estreado o vindeiro xoves 19 de marzo ás 19.30 horas na Casa de Cultura de Cangas de Onís (Asturias).

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620