
As celebracións de Entroido desafiaron onte ao vento e á choiva en distintos puntos da comarca. En Ferrol, o Centro Cívico de Caranza albergou unha festa de Carnaval na que non faltaron as viandas a precios populares, os cabezolos e unha disco móbil para os máis pequenos. A concelleira Rosa Beceiro foi a encargada de inau-gurar os actos durante a mañá.
Pola sua parte, Ares viviu un dos seus días grandes de Entroido co desfile de disfraces. A comitiva formada por cinco agrupacións –Tróupele, tróupele, de Narón; As Carapuchiñas, de Ares; Río Belelle, de Neda; Turistas Cervazienses, de Cervás e Os Argalleiros, de Narón– reuníuse fronte ao centro de saúde. Percorreron diferentes rúas da localidade para rematar no Casino Aresano onde ofreceron aos presentes unha mostra do seu repertorio máis crítico. En total foron cinco agrupacións
Por outra banda, a gastronomía típica destas festas foi a gran protagonista da xornada en Ortigueira onde se conmemorou o Día dos Nenos e dos Doces. Para a ocasión o concello organizou unha degustación popular a última hora da tarde y entregou cerca de 100 euros en premios en metálico aos reposteiros máis destros.
hoxe
Na xornada de hoxe, o Concello de Cedeira organiza unha gran festa de Entroido para os máis pequenos da casa. Dará comezo a partir das 17.00 horas no parque Sagrado Corazón. Cabanas tamén propón unha celebración a partir das 17.00 horas na explanada diante do local social do CCRD San Martín de Porto.
En Narón, o centro comercial Dolce Vita Odeón propón un tributo aos paiasos da tele Gabi, Fofó e Miliki, facendo un percorrido polas súas cancións. Isto será a partir das seis da tarde, aínda que dende as 17.30 horas repartiránse agasaios entre os asistentes. Non faltará a degustación gratuita de orellas, filloas e torrixas.
Pola súa banda, Ortigueira culmina hoxe a súa programación de Entroido co tradicional desfile de disfraces e comparsas. A comitiva tomará a saída ás 21.00 horas da biblioteca municipal ata a carpa habilitada na Alameda. Mc Animación será a encargada de amenizar a velada, que se prolongará ata a unha da madrugada coa entrega de premios do certame.






















