Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Continúan as celebracións das Letras en Ferrol, Pontedeume e Sillobre

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Pontedeume dedica hoxe a xornada a Rosalía de Castro, como parte da programación cultural do mes das Letras Galegas. Así, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, representantes dos catro colexios da localidade (Couceiro Freijomil, Andrade, Atocha e Luis Vives) farán unha lectura poética ás doce do mediodía na praza dedicada á poeta galega (no comezo do paseo marítimo). Recitarán textos de Rosalía ou que outros escritores lle escribiron como homenaxe.
As actividades rematarán o venres 30, ás oito da tarde, na biblioteca municipal, coa presentación do libro “A fuga”, da escritora e actriz Carmen Blanco, gañador do premio de teatro da asociación cultural O Facho.
O sábado 31 seguirán as actividades en lembranza de Xosé María Díaz Castro, autor a quen se lle dedicou o 17 o Día das Letras Galegas. Será na Asociación de Veciños de O Lago, ás 18.30 horas, cunha semblanza do escritor de Guitiriz, un recital de poemas e a actuación de Amigos do Camiño de Santiago (Lugo) e da Coral Polifónica Armonía. Ó remate haberá un pincho de confraternización.
Tamén en Sillobre haberá actividade en torno ás Letras Galegas este sábado. A Sociedade Agarimo programa unha velada teatral, a partir das nove da noite, na que, como é costume nesta entidade, estrearán a nova obra do seu grupo. “Alma en pena” é o título desta comedia escrita e dirixida por Andrés Picallo. Máis dunha ducia de personaxes forman parte da historia da petición de man da filla dos Fonticoba, acontecimiento alterado pola chegada dun antigo pretendente. A entrada é gratuíta.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620