Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Cecilia Roth rodou en San Andrés de Teixido escenas de “Migas de pan”

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O pobo de San Andrés de Teixido así como o monumento próximo en memoria do actor Leslie Howard foron os lugares onde onte se rodou unha parte da película “Migas de pan”, a cinta da realizadora galaico-uruguaia Manane Rodríguez. Tras rodar en diversos puntos do Golfo Ártabro, o equipo coa protagonista da película, a actriz Cecilia Roth, traballou onte na localidade cedeiresa. Roth estivo acompañada polo actor vasco Patxi Bisquert, no que foron as súas últimas escenas da longametraxe. A última hora eliminouse outra localización prevista na comarca, a praia de Vilarrube.

exilio
Desde o 9 de agosto se está a rodar entre Uruguai e Galicia esta cinta escrita pola propia Manane Rodríguez e Xavier Bermúdez que conta a historia da fotógrafa uruguaia exiliada en Galicia Liliana Pereira, quen quere recompoñer o seu pasado e decide volver ao seu país tras saber que vai ser avoa. O recordo da súa xuventude, transcorrida en boa parte como presa no Penal de Punta Rieles, con previo secuestro e tortura nas naves dun cuartel militar, así como a perda da custodia do seu fillo, ocupan parte importante do argumento central do filme, desenvolvido na ficción entre 1975 e 1982.
O papel de Liliana Pereira está interpretado por Cecilia Roth na etapa máis madura e na súa mocidade por Justina Bustos. Canda elas están actores como Patxi Bisquert ou os galegos Ernesto Chao, Atrur Trillo ou Sonia Méndez, entre outros. A produtora ferrolá Abano Films, de Chelo Loureiro, é unha das responsables do traballo que comezará a principios do próximo ano a súa andaina por festivais internacionais ata a súa estrea nas salas comerciais.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620