Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Novo concurso de relatos curtos da Agrupación Instrutiva de Caamouco

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Tralo éxito da primeira edición, a Agrupación Instrutiva de Caamouco fai público o II Concurso de relatos curtos “Redes de letras”. O obxectivo do certame é potenciar o hábito da lectura e fomentar o uso do galego.
No concurso establécense dúas categorías, infantil-xuvenil, para menores de 16 anos (incluído), e adultos, a partir dos 17. Trátase de textos de narrativa en galego, con temática libre e un máximo de 1.000 palabras. O prazo de presentación dos mesmos rematará o 30 de setembro de 2013, ás 23.59 horas.

premios
Os relatos deben ser enviados, xunto cos datos persoais, por correo electrónico á dirección: redesdeletras@caamouco.net. Xunto co texto, terase que remitir unha ficha cos datos persoais. Debe incluír nome e apelidos, DNI, data de nacemento, dirección e un teléfono de contacto.
A Agrupación Instrutiva de Caamouco outorgará un premio ao gañador ou gañadora da edición infantil-xuvenil e da edición para adultos. Ambos recibirán lotes de libros en galego, en colaboración coa librería Carpe Diem de Ares.
Desde a organización insisten en que o concurso “volve tratar de fomentar a afección á lectura e a normalización do galego en ámbitos literarios”.
As persoas que estean interesadas en obter máis información deste concurso poden conseguila na propia páxina web da entidade organizadora: www.caamouco.net.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620