Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Narón proxecta “Enrugas” e “O apóstolo” para o 17 de maio

0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251215_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara

Os veciños de Narón terán a posiblidade de ver os filmes da animación “O apóstolo” e “Enrugas” durante o mes de maio, nos locais das asociacións e tamén na biblioteca do Alto do Castiñeiro. O Servizo de Normalización Lingüística celebra así o Día das Letras Galegas, apostando polo audiovisual propio, con dúas das súas cintas máis recentes e exitosas.

A primeira proxección será o venres 3 de maio na asociación veciñal da Gándara. Alí verase “O apóstolo” ás oito da tarde. O día 10, á mesma hora, esta película estará en Chafarís, mentres que o venres 24 pasarase na biblioteca. A San Xiao chegará ó día seguinte, ás sete da tarde, mentres que para Os Cruceiros de Castro irá o venres 31 de maio, ás oito.

“Enrugas” terá un único pase, o xoves 23 de maio, ás seis da tarde, na biblioteca do Alto. En tódolos casos a entrada é de balde.

“O apóstolo” é un filme dirixido por Fernando Cortizo que emprega a tecnoloxía stop-motion 3D. Trata sobre un preso que se fuga do cárcere e tenta recuperar un botín agochado nunha aldea pola que pasa o Camiño de Santiago.

“Enrugas”, de Ignacio Ferrera, baséase na banda deseñada homónima de Paco Roca e transcorre nun asilo de anciáns.

Ademais, segundo informan desde o Concello de Narón, aínda poden presentarse monólogos audiovisuais ó concurso “Que me dis!”, que tamén se fai para fomentar o emprego da lingua galega e conmemorar o Día das Letras Galegas. Ademais, celebráronse sesións de contacontos para os nenos de dous a tres anos nas escolas infantís municipais.

0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica