Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Os escolares poderán amosar a súa destreza plástica no certame Poesía e Imaxe

0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos

“Facer comprender que a nosa lingua e a nosa cultura contribúe á riqueza plurilingüe e multicultural do mundo no que vivimos”. Baixo esta premisa, o Concello de Ferrol en colaboración coa Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística, convocan o XIII Certame de Creación Artística Poesía e Imaxe “En galego, sen filtro”. Trátase dunha actividade que presenta fragmentos da literatura universal ao alumnado para que lle poñan imaxe propia.

Os textos correspóndense con poemas pertencentes a diferentes linguas e culturas, entre as que figura, ademais da galega, a portuguesa, neerlandesa, mirandesa, aimará, catalán, persa ou xaponesa, todas coas súas respectivas traducións na lingua galega.

Os participantes terán que presentar composicións a partir de poemas de diferentes culturas

A partir dun total de 15 poemas como motivo de inspiración, os participantes terán que presentar unha composición plástica orixinal nalgunha das seguintes modalidades: debuxo, pintura, colaxe e fotografía ou, no caso de ser alumno de segundo ciclo da ESO, Bacharelato ou ciclos formativos, nalgún soporte relacionado coas TIC. Estas poderán ter un espazo máximo de 10 megas.

O certame está dirixido a todo o alumnado matriculado en calquera dos centros de ensino –públicos, concertados ou privados– do concello de Ferrol así como a aqueles doutros municipios da comarca que forman parte da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística.

O concurso estrutúrase en varios niveis de participación: Educación Infantil; 1º, 2º e 3º cursos de Educación Primaria; 4º, 5º e 6º de Primaria; ESO; e Bacharelato e ciclos formativos.

fases

Os centros participantes desenvolverán as súas actividades en dúas fases, unha inicial nos centros e outra intercentros. No decurso da primeira, desenvolveranse actividades que relacionen o mundo da expresión poética co da plástica ou as novas tecnoloxías. O centro terá que seleccionar nesta fase unha única obra por nivel para participar na intercentros.

Será neste momento cando o xurado nomeado polos organizadores do certame seleccionará un máximo de 25 obras plásticas e outras 10 da modalidade de novas tecnoloxías. Teranse en conta, tal e como se recolle nas bases do certame, a calidade estética, a orixinalidade e a interrelación entre a linguaxe poética e a linguaxe plástica e visual.

Os traballos terán que ser enviados antes do vindeiro 4 de abril á seguinte dirección: Equipa de Normalización Lingüística, IES Concepción Arenal, Rúa de Cuntis, 1 (15402), Ferrol.

 

exposición

Coas obras seleccionadas, o Concello de Ferrol realizará unha exposición pública a comezos do mes de maio que será inaugurada no decurso dun acto no que tamén se procederá a entrega de agasallos aos premiados. Este ten lugar, habitualmente, no centro cultural Carvalho Calero do Inferniño, e ao mesmo están convidados tanto as familias dos premiados como todas aquelas persoas que desexen asistir.

A partir dese momento, a mostra comezará a itinerar por todos aqueles centros educativos que a soliciten. Tal e como se informou desde a organización do certame, no curso actual cubriuse todo o calendario dispoñible con esta fin. A mostra permanece uns quince días en cada colexio ou instituto, onde os rapaces e profesores poden comprobar os creativos e orixinais traballos elaborados no marco desta xa tradicional convocatoria.

0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos