Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

San Sadurniño volve pór en valor o seu sector primario coa undécima Feira Rural

0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251215_cristina

A Feira Rural de San Sadurniño chega hoxe á súa décimo primeira edición coa cifra máis alta de expositores desde que botara a andar en 2008, un total de 95 sobre as máis diversas temáticas vencelladas ao sector primario. “Somos un concello rural”, explica o concelleiro Manuel Varela, “e por iso tivemos claro que habiamos de facer un evento que puxera en valor o noso mundo, tamén desde o punto de vista económico ou produtivo. O rural precisa facerse visible”, comenta.

Produtos de alimentación, agroecoloxía, artesanía, maquinaria, planta e froita alicerzan esta nova edición que, como de costume, terá lugar no arboreto galego da Cortiña.

“Sabemos que noutros lugares se fan feiras rurais, mais o certo é que resultan algo repetitivas”, sinala Varela, “e por iso propuxémonos organizar algo propio e con identidade”.

A cifra de participación avala o acerto da iniciativa, pois, lonxe de ir decaendo o interese, como acontece con outros eventos, medra. “Nisto, ademais da formulación aberta da propia feira, xoga tamén un papel importante o entorno no que ten lugar esta iniciativa, un sitio moi agradable e cómodo e con moito espazo”.

Haberá actividades para os máis pequenos, visitas guiadas á horta de conservación Carlos Fornos e ao colmear didáctico, exhibicións de cetraría, catas, sorteos de lotes de produtos, paseos en canoa e, por suposto, o concurso de froita autóctona, en colaboración coa AGFA, e o da raza Can de Palleiro.l

0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara