Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Cerdido ultima a VIII edición da súa malla tradicional

0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara

Esta fin de semana celébrase na parroquia de Os Casás en Cerdido a VIII edición da súa festa da malla tradicional organizada pola asociación Restauracións Amigos dos Casás. Se o tempo acompaña, desde a organización esperan ver pasar pola celebración a un milleiro de espectadores para comprobar como era a dureza dos traballos no campo. A festa, que conta coa colaboración do Concello de Cerdido e a Deputación, quece motores o sábado, cunha verbena animada polo dúo Marisol e Suso.
O domingo será a xornada central. Desde as 10.30 horas haberá unha exposición de maquinaria, motores (desde a organización confirman que amosarán unha vintena, algúns do ano 1913 e 1914, aínda en funcionamento) e coches antigos. Estará situada entre a  zona da celebración da malla en Os Casás e a nova nave municipal de Cerdido.
Na malla, veciños e membros da asociación se trasladarán cos seus tractores e trilladoras para desgranar o trigo como se facía hai moitas décadas.
Trala demostración, levarase a cabo unha sesión vermú coa música de Marisol e Suso e un xantar de confraternidade baixo unha carpa. Por 15 euros o xantar inclúe paella, churrasco,  crioulos, cachelos, pan, postre e café. Os interesados poden apuntarse nos teléfonos 648 230 500 e 649 176 634. Tralo xantar haberá máis animación a cargo do grupo Musical 70 coa que se despedirá esta xa popular celebración en Cerdido. n

0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara