Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

“Magdalenarte”, unha céntrica aposta pola creación plástica

Vén de nacer no número 182 da rúa Magdalena o local “Magdalenarte”, unha firma que une o concepto de tenda de produtos para o traballo plástico coa mostra de exposicións tanto físicas como virtuais. Na actualidade teñen no escaparate unha mostra de traballos de alumnos da artista Sofía Piñeiro, novos artistas de menos de 16 anos, que son os primeiros traballos que desfilarán pola nova galería con regularidade.
A maiores, ofrece a posibilidade a calquera artista de expoñer os seus traballos nunha pantalla no mesmo escaparate do local. Cun sinxelo pendrive quen o desexe pode amosar as súas creacións. O primeiro en facelo é J. Aneiros, de 92 anos.