Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

A Semana de Poesía Salvaxe converte a Ferrol nun punto de compromiso e reflexión estética

0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251215_cristina

Ferrol xa está inmensa na VI Semana da Poesía Salvaxe. A praza de Armas acolleu onte un cálido e concorrido acto que abre catro días de recitais, música e literatura con escritores e artistas procedentes de toda España.

A denuncia da usura, centro do encontro que enche ata o sábado a cidade de actos

Na súa presentación o profesor Guillermo Ferrández fixo referencia á falta de apoios institucionais desta cita –galardoada o pasado ano co Premio de Cultura de Diario de Ferrol– que se leva adiante “grazas  ao apoio de xente de toda España a través da plataforma Verkami; dos poetas, de asociacións veciñais como as de Esteiro, Canido e Ferrol Vello, e do hotel Suizo”. A continuación Ferrández, Karlotti, Felipe Zapico e Víctor M. Díez levaron a cabo unha intervención  na que, lendo poemas propios, e textos de Bretch, Blas de Otero ou Ezra Pound fixeron un encendido ataque conta a usura, os banqueiros, os políticos e a Igrexa. Continuou o Comando Ártabro da Palabra Encarnada e a xornada rematou no pub Cazadores.
Hoxe o  mercado da Magdalena acolle a partir das 12.30 horas a intervención poética de María Lado e Lucía Aldao, Felipe Zapico e Sechu Sende, entre outros. Ás 18.30 horas Alba González recitará na Biblioteca Central, haberá unha lectura ás 19.30 horas en Esteiro e Ferrol Vello, e un concerto final na Sala Súper 8 ás 23.30 horas con The Big Lebowsky, así como unha performance poética.

0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara