Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O IES Leixa solicitará un ciclo de Animación Sociocultural e outro de Integración

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O IES Leixa solicitará á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a implantación o vindeiro curso de dous novos ciclos formativos: o superior de Animación Socio-cultural e Turística e outro de Integración. 
Trátase de dúas especialidades moi vinculadas ás expectativas de desenvolvemento da cidade, tendo en conta as necesidades existentes no eido social e turístico.
Ademais, segundo se informou desde o instituto, permitirían, sobre todo no que atinxe ao relacionado co sector turístico, relanzar unha posible vía laboral para os futuros titulados.
A concelleira de Benestar Social, Beatriz Sestayo, comprometeu o apoio do Concello de Ferrol á petición do centro para poder ampliar así a súa oferta formativa. Fíxoo no decurso da visita que a edila realizou ao IES o pasado martes, na que tivo oportunidade de coñecer as instalacións e os programas formativos co obxectivo de estreitar a colaboración entre a administración municipal e a comunidade educativa.

colaboración
O encontro serviu tamén para estudar posibles vías de colaboración entre o centro e a administración, que permitan achegar os recursos de Ferrol aos estudantes do centro.
A oferta actual inclúe estudos de Bacharelato así como un total de once ciclos de FP pertencentes á familias profesionais de Artes Gráficas, Sanidade e Servizos socioculturais á comunidade.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620