O Pazo da Cultura foi o espello do folclore internacional coa XXIII edición do Festival de Narón

Agrupacións de Castela-A Mancha, Ucrania, Georgia, Bélgica e Ucrania compartiron coas formacións naronesas da Banda de Gaitas do Padroado da Cultura e o grupo de danza tradicional Alxibeira XXIII Festival Internacional de Folclore que onte encheu o Pazo da Cultura.
Sobre o escenario do auditorio actuou o grupo Tsiskari da República de Georgia, unha formación con 25 anos de experiencia especializada na danza e cancións do seu país. Desde a localidade toledana de Puebla de Montalbán chegou a asociación Semillas del Arte. Cantos, bailes e uns espectaculares traxes de seu luciron nun espectáculo que levan representado durante máis de catro décadas. Case o mesmo tempo teñen os belgas De Boezeroenen, unha formación moi nova de 30 membros que exportan a danza, música e folclore da cidade de Hasselt. Os espectadores tamén gozaron co grupo Podillya de Ucrania, veterana formación con grande forza visual.
Canda a representación internacional, no Pazo actuaron dúas formacións do Padroado de Cultura, o grupo de danza tradicional Alxibeira e a banda de gaitas de Narón. Ambas amosaron que a xuventude e o folclore poden estar unidos e reivindicar o pasado para facelo presente.









