Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

A película galega “Personal movie” estréase nos Dúplex

0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251215_cristina

As técnicas de márketing no eido cinematográfico están a vivir grandes cambios e os profesionais da sétima arte amplían as súas actividades da creación á publicidade. Así sucede co director coruñés Héctor Carré (“La promesa”, “Dame lume”) que o próximo venres estrea nos cines Dúplex de Ferrol a longametraxe “Personal movie”. Tras estar a pasada semana na Coruña, esta tócalle a Ferrol. Con este motivo Carré paseará o mesmo venres polas rúas do centro de Ferrol facendo de home-anuncio para promocionar a película que estará, polo menos, dúas semanas nos Dúplex.

O director, Héctor Carré, fará o venres unha performance para publicitar a cinta polas rúas

“Personal movie” conta a historia dun mozo que está de vacacións nun pobo galego e atopa un brazo humano na súa neveira. Como o día anterior estivo de festa, non lembra absolutamente nada do sucedido. Entón non terá máis remedio que emprender pola súa conta unha investigación, sen denunciar o caso á policía.

Estre thiller galego está protagonizado polo actor Santi Romai, e conta entre os seus protagonistas con Chete Lera, Miguel de Lira, Isabel Blanco, Víctor Mosqueira, Deborah Vukusic e Yelena Molina, entre outros.

0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara