Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

A IV edición das Meninas de Canido celebrarase o 15 ou o 16 de xuño

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina

“Nos últimos dous ou tres días unhas 200 persoas, incluíndo músicos e artistas de aquí a Nova York, puxéronse en contacto comigo para apoiarme coas Meninas, así que xa está decidido que se fará. Será ou o 15 ou o 16 de xuño, nuns días saberémolo”. Así fala Eduardo Hermida, o promotor das Meninas de Canido que, tras rematar a súa terceira edición en 2010, recupera a vida grazas ao apoio europeo e aos ánimos do propio barrio, xa que a iniciativa naceu en 2008 precisamente para chamar a atención sobre o seu estado.

“Eu xa dera por finalizada esta etapa –lembra Hermida– pero un home que naceu en Canido e vive en París, Ignacio Fernández, da asociación Eau et Lumière, quedou fascinado co que viu e chamou a atención do Consello Europeo de Itinerarios Culturais. En verán chamáronme a París a unha reunión na que estaban un exministro de Sarkozy e a concelleira de Cultura da cidade. O tema era apoiar unha ruta cultural e turística en Canido como a que existe en Barbizon, adicada a Millet, ou a de Auverse-sur-Oise, dedicada a Van Gogh. Só pedían o apoio institucional para garantir a súa continuidade”.

O entusiasmo de Eduardo Hermida parece non ser compartido no Concello de Ferrol según relata o artista. “Despois de pasar de Cultura a Educación e de aí a Turismo, falei cunha asesora que era da Coruña e non sabía nin onde estaba Canido. Cando finalmente quedamos non apareceu porque dixo que chovía. Moito interese non deben ter a pesar de que o gasto son os materiais dos pintores e o equipo de amplificación de son, porque aquí todo o mundo traballa gratis e polo ben do barrio”.

solución

Segundo Hermida, se a única condición que poñen en Europa para promocionar a ruta artística de Canido é a súa continuidade, “desde aquí asegurámola. Estamos barallando como podemos facer cos gastos, que como moito poden ser 2.000 euros, incluíndo a comida, así que pensamos en colocar uchas nos bares ou tamén poñer a iniciativa na plataforma Verkami e facer crowdfunding, como fixeron para gravar os seus discos artistas como Al Vila ou Os Cempés”. En canto á data “trasladaríamola ao mes de xuño, o 15 ou o 16, para que os colexios estivesen aínda con actividade e os escolares tamén puidesen participar, porque a principios de setembro as clases aínda non comezaron”.

Para Hermida, a confirmación da ruta “suporía unha atracción turística para Ferrol, como sucede cos itinerarios culturais adicadas a Millet e Van Gogh. As posibilidades son enormes”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica