Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Rey Varela di que a Concepción Arenal gustaríalle a política social do Concello

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina

“Unha muller como Concepción Arenal, que sempre se postulou a favor de axudar ós colectivos con maiores dificultades e da igualdade de oportunidades, estaría satisfeita de comprobar a importancia que teñen as políticas sociais e de benestar no que é o seu Concello”. Así falou José Manuel Rey Varela, alcalde de Ferrol, na ofrenda floral na estatuta de Concepción Arenal, coa que onte á mañá se conmemorou o 120 aniversario da morte desta insigne xurista.

Foi un acto no que participaron representantes dos grupos municipais, así como a Asociación Veciñal de Esteiro (barrio onde está ubicado o monumento) e o Toxos e Froles, que tradicionalmente impulsa esta homenaxe.

Concepción Arenal, interpretada recentemente nunha película para televisión por Blanca Portillo, foi unha muller que viviu no século XIX e loitou por cambiar o lugar do seu sexo na sociedade (estudou Dereito, segundo se conta, vestindo como un home). A súa aportación ó sistema penitenciario español é fundamental, introducindo conceptos como a reinserción e modificando a condición de vida nas cadeas.

En Ferrol, ademais da estatua na avenida de Esteiro, hai un instituto que leva o seu nome, así como un dos premios de investigación que outorgan o Concello de Ferrol e a Universidade da Coruña. O seu recordo “segue hoxe moi vivo, vencellado á formación, á investigación e á educación, uns ámbitos que marcaron a súa vida”, apuntou no acto Rey Varela.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica