Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Ordes - Sigüeiro (Beiras do Tambre / Tamara)

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina

Deixara este pequeno relatorio, que ha ser libro no seu momento cando me ceibe doutras urxencias literarias, en Ordes. Noite no Hostal Nogallás para mín, e mencer á procura dun xornal en papel (dependo deles) e non os atopo máis que nun chirimbolo, quiosque de madeira cativo, con señor simpático no interior, a quen digo que habería que coidalo como a os animais en extinción, cal –un supoñer– a pita de monte. O nacho sorrí e agradece o meu xesto. Incorporado xa ao grupo mido con tento (e con Ana Belén e Jorge, os meus colegas no ensino) os nosos pasos, poisque debemos enlazar co Camiño, poñamos, oficial, que vén de Bruma e que nos ten de levar a Sigüeiro. Fin de etapa e capital do concello de Oroso, ao que chrgaremos unha vez deixemos Ordes.

A etapa de hoxe é para nós tan leviá como foi dura a de onte (e –xa que logo– abreviadora do que vén despois). Dazaoito quilómetros, contra dos vinte e pico vindo de Bruma. Para un percorrido mol, onde veremos nomes como Carballo, Pereiro, Ponte Pereira, Carrás. Riqueza toponímica galaica, cáseque un poema de Novoneyra (ou ao revés). Moita auga, tamén, terra de mananciais, pois. E de novo arboreda autóctona, a lembrar que estamos en Galicia e non en Australia. A rapaza de onte, a lesionada, ¡saudades, Lucía!, vai hoxe en primeira fila, mañá fará o mesmo, demostrando a forza da mocidade. (Os veteranos tamen sabemos andar, como infantes, de infantería, claro).

O malo desta etapa é que a autovía papou parte de Camiño orixinal, de maneira que uns poucos quilómetros van en paralelo con esta, cando deberán ir con ela.

Aínda que as pistas forestais, da concentración parcelaria, que conforman a derradeira parte del son unha axuda contra do asfalto; á penas algún tractor para falar de opción alleas ao mero camiñar, o noso e o dos camaradas peregríns que vamos atopando, xente marabillosa, con esa fraternidade que dá o mirar para o mundo cos pés e o corazón. Aínda teremos de cruzar un polígono industrial, estamos chegando ao Sigüeiro, cruzado por unha rúa que ten por nome, ¡oxímoro!, o de Álvaro Cunqueiro.

Logo pasaremos pola ponte do Tambre, e pensaremos baixiño no seu nome primitivo de Tamara, e con el na Casa Trastamara. Sigüeiro traéme á mente aquel restorán chamado “A viúva”, que tanto lle prestaba a meu pai e onde sempre pedíua troitas, do Tambre/ Tamara, lástima fora. Penso tamén en Juanito, xogador ainda en activo con case cincuenta anos, que militara no Racing e no Narón. ¡Que grande, Juanito! Mais Sigüeiro non o esquece. Que esa noite os meus rapaces dormirán no Pavillón Juanito Amigo Ferreiro. Pero antes xogarán a un xogo chamado, coido, “O pobo durme”, un xogo que aparece na foto. E no que saen lobos, bruxas, e a meirande parte dos xogadores son pobo á mercé dos lobos que actúan de noite cando o persoal durme. Eu, en cambio, fun durmir a O Fogar da Chisca, fundado por Chus e rexido actualmente pola estupenda Antonia. Un albergue privado onde un pode acougar no centro de Sigüeiro. Para min, esta noite, o meu “omphalós”, embigo ou centro do mundo. Si.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica