
O programa que o ciclo de artes escénicas da área de Cultura de Ferrol “Rómpete el alma” adica esta fin de semana á danza contemporánea ten como protagonista á bailarina galega Nuria Sotelo, impulsora da compañía Licenciada Sotelo. Trala charla impartida onte na Biblioteca Municipal de Ferrol, na que deu conta do proceso de creación do seu último espectáculo, hoxe guiará unha práctica de danza en familia na que pais, fillos e avós poderán compartir unha amena sesión –con inscrición previa–. Será a partir das 12.00 horas no Auditorio de Ferrol.
Trátase dunha actividade que “potencia a creatividade, a imaxinación e os vínculos entre os membros dunha familia e entre outras familias, dun xeito lúdico e saudable”.
función no jofre
Esta actividade dará paso mañá, domingo, á función “Ensaio Amor” que Licenciada Sotelo representará sobre as táboas do Jofre. As entradas para o espectáculo, que a través da música, a danza e o texto aborda o universo femininos das súas creadoras, costan cinco euros. n










