Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

A música e o baile tradicional tomarán Cariño este sábado

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A cultura tradicional galega será a protagonista da xornada este sábado en Cariño, cun Repichocón que organiza a asociación folclórica San Xiao do Trebo e que propón unha tarde chea de actividade e con representación de grupos de distintos lugares de Galicia.
A festa será a partir das seis da tarde na Praza Roxa. A esa hora comezará a sonar a música dos anfitrións, seguida polo grupo de danzas Pais de San Roque, de Cangas; a banda de gaitas Alfaia, das Pontes; e a asociación cultural Brisas do Quenllo, de Tordoia.
Logo desta primeira parte, que rematará en torno ás 20.30, farase un descanso para retomar as actuacións despois da cea, un par de horas máis tarde. Será entón cando comecen os recitais das bandas Os Trevillas, das Pontes; O Son do Sor, do Barqueiro No Cómbaro, tamén das Pontes; Almuíña Pandereteir@s, de Silleda; e a formación Andarivel, de Ladrido.
 Non rematará aquí a celebración, posto que os organizadores prepararán unha queimada ó remate do concerto e ademais montarán unha foliada á que está convidado calquera que saiba tocar un instrumento tradicional e se anime a participar na troula.
Ademais, haberá sorteos ó longo do día para os asistentes, que incluirán cestas con produtos de alimentación, tablets e outros agasallos.

as orixes
A banda de gaitas San Xiao do Trebo formouse no ano 1989 en Cariño e de aí naceu a actual formación folclórica, unha gran dinamizadora da vida cultural do Ortegal.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620