Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

José Prieto: “A comedia fala dos límites aos que pode chegar hoxe a política”

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Pazo da Cultura de Narón acolleu onte a estrea da nova peza de Teatro do Morcego, “Presidente”, e hoxe ás 20.00 horas volverá ao escenario esta “comedia de manipulación política”, como a define o seu autor e director, José Luis Prieto. A obra está protagonizada por Celso Parada, César Goldi, Federico Pérez, a pontesa Mercedes Castro e a naronesa Iolanda Muíños. Con estes vimbios a compañía quixo retratar o actual ambiente político e “amosar os límites aos que pode chegar a política hoxe” coa historia dun político ao que non lle van ben as enquisas e é capaz de presentarse nas casas dos votantes para convencelos.
Momentos antes da concorrida estrea, Prieto destacaba que con esta obra intentara “facer unha comedia pero non tanto de gargallada. O que trato é crear o efecto de sorpresa no espectador, pero fundamentalmente estou nisto para entreter”.

inspirado por rajoy
O autor e director naronés destaca que aínda que a obra “podería pasar nun país próximo, moi próximo”, non está baseada nun feito real. “Non –adianta Prieto–, aínda que si inspirada naquel vídeo de Rajoy no que ía chamando polas portas para presentarse. Quedeime con iso”. 
En canto ao elenco actoral, o dramaturgo  confesa que “teñen moita química. Xogamos con xente coa que xa traballara como Goldi ou Iolanda, e con xente como Federico ou Mercedes  acousa funcionou moi ben. En canto a Celso Parada, o protagonista, creo que está a unha gran altura. Celso é unha forza da natureza. Traballar con todos eles é un luxo porque teñen experiencia e unha calidade contrastada. Pasámolo ben”.
Trala súa estrea de onte, e do pase desta noite no Pazo da Cultura de Narón, a comedia “Presidente” irá a Compostela e logo xirará por toda Galicia, algo sobre o que non todas as obras novas poden fachendear.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620