Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

“O que facemos é coller as reivindicacións dos socios e convertilas en servicios”

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A Cooperativa Santa María do Val recibirá este sábado na Coruña o premio do Consello Galego de Cooperativas que recoñece a súa dilatada e exitosa traxectoria na promoción desta fórmula empresarial para atender ás necesidades da sociedade. A empresa cooperativa naronesa naceu hai 41 anos e actualmente ten 1.535 socios non so do seu entorno senon doutros puntos da comarca e incluso da provincia. Xosé Manuel Castro Leirachá, xerente da Cooperativa do Val, considera que o premio é un “empuxón” para seguir adiante.

O premio vén dicir que aquí no Val aplícase a fórmula do cooperativismo moi ben. Cales son os pros e os contras?
Pois ten a favor que todos os socios son donos da empresa, todos teñen o seu voto e cantas máis opinións haxa máis buscamos o mellor para todos, sempre cubres un abanico máis grande de servicios. O que facemos é coller todo o que suxiren os socios e intentar convertir as súas reivindicacións en servicios. Os contras? Pois a lentitude para facer as cousas, é inevitable, aínda que tamén polo camiño se matizan algunhas ideas... Os socios depositan a súa confianza no consello rector, que é o que ten que poñelas en marcha.

Aféctalle a crise tamén á cooperativa?
Seguramente menos ou máis tarde que a outros, pero desde logo nos afecta. Aínda que o importante é manter os 45 postos de traballo que temos e as contas de momento van ben. Curiosamente, a crise afecta positivamente a unhas seccións e noutras ao revés. Por exemplo, baixan as ventas no supermercado, ainda que menos que noutros sitios porque temos que dicir que o socio é un cliente fiel; e no tema do creto, estamos crecendo en depósitos.
Para moitos a Cooperativa do Val ten a súa referencia máis coñecida no pemento do Couto. Como vai a campaña deste ano?
Pois a campaña empezou a finais de maio e vai a bon ritmo aínda que é pronto para facer unha valoración. Este ano temos máis metros cuadrados plantados de pemento.

E o novo produto que lanzastes o pasado ano, o tomate negro de Santiago?
Pois empeza aínda máis tarde. Todavía non se está comercializando, pero esperemos que sexa tamén unha boa campaña.

A creación da Fundación Terra de Trasancos, que entre outras cousas ten un fogar de maiores, é un feito diferencial para unha cooperativa e unha mostra do seu compromiso social. Como está a funcionar?
A Fundación Terra de Trasancos foi unha aposta que quixeron facer os socios e eu creo que funciona de maravilla, moito mellor do que se pensaba en principio, cunha alta participación dos socios. E hainos non só da propia cooperativa e do entorno máis próximo, senón tamén doutros concellos. Cada vez temos máis xente.

Están as portas abertas para recibir a máis xente?
Si, a cooperativa sempre ten as portas abertas. O que queira facerse socio ten que facer unha pequena aportación ao capital social, pódese consultar toda a información na nosa web, que pronto imos renovar.Temos xente de diferentes concellos e mesmo da Coruña. n

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620