Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O equipo do Saturnino Montojo, gañador da fase local do II Club de Debate

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina

¿Favorecen as novas tecnoloxías as relacións sociais? Ou, pola contra, ¿é o seu emprego un elemento distorsinador e perxudicial no proceso de comunicación entre as persoas? Como en todo, haberá opinións para todos os gustos, posicións encontradas que, iso si, só poderán ser validadas e aceptadas sempre e cando detrás de cada afirmación exista un argumento fundamentado.

E isto, precisamente, foi o que onte fixeron os 50 alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato participantes na segunda edición do Club de Debate promovido polo Concello de Ferrol, a través da área de Normalización Lingüística dirixida por José Manuel Vilariño Anca e que nesta ocasión tivo como tema de discusión “As novas tecnoloxías favorecen as relacións sociais”.

Logo dunha intensa xornada matinal de debates na capela do centro cultural Torrente Ballester entre os seis equipos participantes –tres do IES Leixa, dous do colexio Compañía de María e un do instituto Saturnino Montojo– o xurado revelaba pola tarde o nome do gañador e, polo tanto, o encargado de representar á cidade naval na fase final autonómica a celebrar o vindeiro 4 de maio en Santiago de Compostela.

Pasa a segunda fase o equipo do Saturniño Montoxo, formado por Lucía Amado González, Irene Arto Escudero, Mateo Buján Varela, Sandra Díaz Seoane, Laura Lage Fojo, Isabel López Frieiro, María Prieto Solano, Mireya Romero Moya y Nerea Teijeiro López, de cuarto de ESO. Este grupo, con Carme Fernández Miranda como preparadora, será o que o que o vindeiro mes loitará polo premio final –unha estadía dunha fin de semana nun espazo de interese natural e cultural da nosa comunidade– xunto aos vencedores dos outros nove municipios galegos inmersos nunha iniciativa nacida ao abeiro do Plan Xeral de Normalización Lingüística e entre os que figuran Ames, Carballo, Cee, Ourense, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela, Teo e Vigo.

Ademais, os gañadores da proba de onte recibiron un premio en material cultural valorado en 500 euros. A segunda posición foi para os integrantes do equipo dous da Compañía de María, tamén de cuarto da ESO, que recibíu un vale de 300 euros. Este grupo estaba integrado por Tomás Abril Álvarez, Soledad Alvar González, Marta Dieguez Varela, Inés Muiños Rodríguez, Candela Pita Díaz, Carlota Rodríguez Tenreiro, Lucía Seoane Sieiro, Isabel Vázquez Rodríguez e Marina Vega Neira, con Lidia Rolán Fernández de preparadora.

Trala celebración dos seis debates durante a mañá, os alumnos así como os organizadores e membros do xurado compartiron un xantar no Hotel Almirante para, a continuación, voltar á capela do Torrente e proceder á entrega de premios.

posicións

Este foi o colofón dunha xornada que permitiu sacar á palestra a visión dos mozos sobre un tema no que eles mesmos teñen un papel moi activo e sobre o que nas últimas semanas se estiveron a documentar co propósito de chegar ao debate o máis preparados posible. Onte, ás nove da mañá, todos estaban na capela do Torrente Ballester dispostos a amosar a súa capacidade de oratoria e improvisación. Algúns deles, moi nerviosos ante a cita, recoñecían o grande esforzo que lles supuxo preparar a súa participación nunha iniciativa que, como salientaba onte unha profesora do IES Leixa, “anima aos alumnos a traballar sobre un aspecto que no sistema educativo está moi descoidado, como é a competencia oral”.

O feito de non coñecer ata minutos antes do debate a postura que cada equipo tiña que defender, a favor ou en contra, obrigou aos rapaces a dispoñer dos argumentos suficientes para convencer ao auditorio en calquera dos dous prantexamentos.

Afirmacións como que as novas tecnoloxías como internet só supoñen vantaxes para as relacións entre as persoas ao facilitar a comunicación, fomentar a igualdade entre diversas culturas, ampliar as posibilidades de busca de emprego ou ser unha ferramenta fundamental na propia formación do alumnado encontraron coas visións negativas dunhas ferramentas que non fan senón crear adición entre os mozos e favorecen condutas negativas como estafas ou suplantación da personalidade.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica