Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Fondo pesar en Neda e na música tradicional ferrolá pola morte de Andrés Pena García

0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara

Un fondo pesar causou o falecemento na noite do pasado domingo de Andrés Pena García, de 70 anos, o presidente da rondalla Lucero del Alba de Neda. O seu Concello, co alcalde Ignacio Cabezón e a corporación municipal en pleno, emitiu onte unha nota de pésame para a familia destacando o carácter de Pena e a distinción de hai catro anos da Medalla de Ouro da Vila á entidade que presidía e que para 2015 fará as vodas de ouro.
Un dos seus compañeiros, Antonio Seijo, foi un dos últimos amigos en estar con el: “Foi unha sorpresa terrible. O domingo pola noite estivo na miña casa e se sentiu mal. Levárono para a residencia pero xa non chegou, o infarto acabou con el”. En canto a súa figura, Seijo destaca: “Era un home traballador e moi sociable. Sempre se movía pola rondalla, era moi activo para conseguir actuacións. Tiña moitos amigos, xa que ademais de ser un apaixonado da nosa música tradicional xogara ao fútbol no Galicia de Caranza e no Bertón. Ademais, pode dicirse que foi o impulsor do festival da Canción Mariñeira de Neda”. A pasada semana o propio Pena presentou no Concello de Neda un festival benéfico a favor de Parkinson Ferrolterra que se ía celebrar este sábado 6 e que agora queda suspendido ata o mes de xaneiro ou febreiro. Entre as condolencias recibidas figura a de diversas entidades culturais de Neda e a comarca, como a de Parkinson, a sociedade Areosa ou a rondalla Sonidos del Alba que nunha nota destaca que a perda de Andrés Pena deixa “á Noite das Pepitas sen unha das persoas que durante máis dunha década traballou, xunto coa rondallas de Ferrol, para conseguir a distición musical da que hoxe goza”.

enterro e funeral
Xubilado de Astano, Andrés Pena García deixa viúva (Ana María Barcia Galego, que tamén forma parte de Lucero del Alba, así como unha filla e unha neta). O seu corpo sairá ás catro da tarde de hoxe do Tanatorio Artabria da Gándara (sala nº 12) para ser soterrado no cemiterio de San Nicolás de Neda, tralo que se celebrará unha misa funeral na igrexa de Santa María.

0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara