Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

A galería Sargadelos celebra os 25 anos con poesía, música e libros

A galería Sargadelos, unha das instalacións referentes da vida cultural da cidade e das poucas que nas que a día de hoxe se poden celebrar actos de forma gratuita, cumpre 25 anos. Inaugurada na rúa Dolores o 19 de xuño de 1990, Sargadelos instalouse no barrio da Magdalena cun fiel compromiso coa cultura galega. Unha responsabilidade que manteñen hoxe en día baixo a dirección de Sonia Montero.
O programa do aniversario, que celebrarán “traballando”, como onte sinalou a xerente da galería, concentrarase hoxe. A partires das once da mañá, Sargadelos sacará á rúa os libros para que a xente os leve de forma gratuita. Pola tarde terá lugar o peche dos obradoiros infantís que dirixiu ao longo do curso a artista Catu Martínez. A partires das sete da tarde a banda Gramola Gominola presentará o seu novo libro-disco da man da editorial Galaxia. Trátase da última incorporación á colección “Sonárbore+grandes” dedicada ao público preadolescente. No seo deste acto o grupo ofrecerá tamén un concerto a tódolos presentes para dar a coñecer algúns dos temas máis representativos deste novo traballo no que mesturan pop, blues, ska, funk, reggae e mesmo heavy metal.
A xornada culminará ás oito da tarde cun recital a cargo de Amelia de Querol que porá a nota poética ao programa de aniversario.