Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Encontro de natureza e fotografía nas Fragas

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O fotógrafo Manuel Lemos organiza unha sesión de fotografía nas Fragas do Eume aberta a calquera persoa e coa intención de experimentar e coñecer a natureza nun entorno único, traballar a creatividade e gozar doutras maneiras de observar o que nos rodea. Non se precisa ningún coñecemento fotográfico previo nin tampouco ningún equipamento técnico especial. Si se recomenda achegar algún dispositivo para capturar imaxes, como cámaras réflex ou compactas, teléfonos móbiles ou tabletas.
A proposta levarase a cabo os días 7 e 8 de xuño. A matrícula sen aloxamento (inclúe xantar) custa 95 euros e con cama no Pazo da Cruz de Vilarmaior custa 175 ou 150, segundo sexa individual ou dobre o cuarto.
O programa de actividades comezará o sábado ás dez da mañá con charlas didácticas sobre natureza e inspiración, fotografía e con propostas de traballo. Despois dunha pausa para o café sairase nunha excursión programada ás 12.30 horas, da que se volverá pola tarde para, ás 18.30 horas, compartir as experiencias e facer unha proxección audiovisual interactiva. Ó día seguinte farase unha exposición de traballo, unha charla-coloquio e unha actividade extra antes de concluír esta proposta de ocio e fotografía.
Os interesados en asistir poden inscribirse no teléfono 647 092 238 ou tamén a través da web www.manuellemos.es, onde hai información detallada sobre o contido do curso.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620