Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O Fondo Galego de Cooperación recoñece a creatividade ferrolá

0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade entrega hoxe en Vigo os premios do concurso “Imaxes con fondo”, que convoca para adultos e para rapaces baixo distintas temáticas de relevancia social. Dous ferroláns conseguiron galardón nesta edición, con imaxes que competían con outras 93, presentadas por máis de medio cento de persoas. Trátase de Borja Blanco Cinza, que quedou en terceiro lugar na categoría de adultos, e de Laura Díaz Martínez, que foi segunda entre os máis novos.
Para os adultos propoñíase como lema “Cambia, reivindica e constrúe”. A foto gañadora foi a do vigués Felipe Carnotto, sobre pesca artesanal. Manuel Costa, de Moaña, quedou segundo cunha imaxe sobre a pobreza. No caso de Borja Blanco presentou unha instantánea baixo o título “Que prezo ten o colleiteiro?” e o seu correspondente chío en Twitter: “Reflexa algo positivo da globalización: libre mercado. Pero esconde un mercado no que o colleiteiro cobra unha mínima parte do prezo final”.
Na categoría xuvenil pedíanse fotos que tiveran que ver co lema “A solidariedade dá sentido ás nosas vidas”. Gañou María Goretti Dorgambide, de Vilagarcía, e Laura Díaz Martínez quedou en segunda posición con “Fondo mariño” e o chío: “Toneladas de lixo son tiradas ao mar en todo o planeta, isto supón cambios negativos para as especies que viven nel”. En terceiro lugar quedou María Rodríguez, de Oleiros.
O gañador da categoría de adultos conseguiu unha viaxe a Nicaragua para facer unha reportaxe sobre os proxectos do Fondo Galego de Cooperación e para a rapaza vencedora hai unha cámara réflex. Os segundos clasificados reciben unha cesta de produtos de comercio xusto e os terceiros un lote de películas de temática social.
A esta segunda edición de “Imaxes con fondo” presentáronse 95 fotografías de 58 participantes (44 adultos e 14 rapaces). En Facebook votáronse as quince mellores, sobre as que despois decidiu un xurado formado por especialistas en cooperación e fotoxornalistas.
A entrega de premios será hoxe, na Casa Galega da Cultura, dentro das IX Xornadas de Cooperación.

0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara