Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O bo tempo estimula aos lectores a visitar a Feira do Libro

0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara

“Nótase máis xente que na pasada edición, e creo que o tempo está a ser fundamental”. Así falaba onte Manuel Rodríguez, director da Feira do Libro e presidente da Agrupación de Libreiros de Ferrol ao respecto dunha soleada cita literaria. Trala concorrida inauguración do venres, na xornada de onte presentaron libros e iniciativas varios autores locais.

Así, Paulino Gasalla, secretario da SGHN, deu unha charla sobre as características da biblioteca da entidade adicada temas da natureza e centrouse no traballo “Atlas de anfibios e réptiles de Galicia”. Así mesmo, o profesor e novelista Guillermo Ferrández asinou exemplares de varios libros seus como “El ferrolano”, “Conacho” ou “La llave inglesa”. Así mesmo, Xulia Marques deu a coñecer o seu “Enredando nos antropónimos”. Pola tarde Maquinarias Teatro levou á feira a Vidal Bolaño con “Touporroutou”. O escritor Antón Seijas tamén asinou libros, algo que non puido facer a nova autora ferrolá Irene Castelos Cortizas por un problema de distribución da súa editorial.

llorca e a banda ferrolá

Na xornada de hoxe a Feira do Libro volverá abrir ás 11.00 horas e as actividades comezarán ás 12.00 coa presentación do libro de teatro infantil “O mistério da escada interior”, de Adela Figueroa Panisse, con ilustracións de Celsa Sánchez Vázquez. Entre as 12.00 e as 14.00 horas o historiador ferrolán Guillermo Llorca asinará exemplares das súas obras “Ferrolanos en la Argentina”, “La Ibense”, “O túnel da Malata”, “Historia da prensa ferrolá” ou “Relatos para ver mundo”, entre outros. Ás 13.00 horas celebrarase un concerto da Banda Municipal de Música de Ferrol, dirixida por Narciso Pillo.

Xa pola tarde, a partir das 18.00 horas, actuará o Mago Toño co seu espectáculo “Gravidade cero”. De 18.30 a 21.00 horas J.L. Blanco e Jesús Leal asinarán exemplares de “Historia del Contramaestre Casado”.

Finalmente, ás 19.30 horas, o escritor Xesús Bermúdez Tellado presenta o seu novo poemario “Viaxe sen cancelas” (editorial Redelibros). Ao remate do acto, o autor asinará exemplares dos mesmos na caseta da Libraría Cartabón.

0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara