
A banda arxentina Dr. Queen regresou onte ao Pazo da Cultura de Narón –xa estiveran o pasado ano– para dar mostra das mellores versións de Queen e o seu carismático líder Freddie Mercury. O grupo volveu ter unha gran acollida entre o público naronés, de feito as entradas para a actuación esgotáronse hai xa unha semana.
A agrupación deu boa mostra, durante a hora e media que durou o concerto, dos motivos polos que son considerados como a mellor banda de “impersonators” do planeta en rendir tributo aos autores de pezas xa clásicas da historia do rock como “Bohemian Rhapsody”, “We are the Champion” ou “Another One Bites the Dust”.






















