Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O pianista Adrián Begoña e o seu trío poñen música ao cineconcerto “O home mosca”

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Teatro Jofre abrirá esta tarde as súas portas a unha nova sesión do do ciclo de cineconcertos organizado pola Concellería de Cultura de Ferrol. Desta volta, será a película “O home mosca”, a obra mestra de Harold Lloyd, a protagonista.
A súa proxección acompañarase da música en directo do pianista Adrián Begoña, que chega á cidade naval co seu formato de trío. Unha das especialidades desta formación é poñer música a películas clásicas do cinema mudo, improvisando en directo. Nos últimos anos fixérono con máis de 25 títulos en diversas salas de proxección.
Escena
A escena do xenial cómico escalando un edificio supón un dos momentos máis grandes do cinema mudo e o seu clímax –Harold colgado das manillas do reloxo– segue sendo unha das escenas estelares da historia da sétima arte.
Os cineconcertos son unha atactiva proposta do Jofre onde o espectador pode gozar da proxeccións dalgúns dos mellores títulos do patrimonio fílmico universal coa música en directo de grandes compositores e intérpretes. As entradas custan dez euros.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620