Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Sestayo asina o Pacto contra a Pobreza e anuncia un albergue social

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A candidata socialista á Alcaldía, Beatriz Sestayo, asinou os quince compromisos coa erradicación da pobreza e a inclusión social que propón a Rede Galega de Loita contra a Pobreza de cara ás eleccións municipais. Fíxoo onte á tarde, acompañada polos primeiros postos da súa candidatura e diante do pazo municipal.
Este documento, proposto polas 125 organizacións que forman parte desta rede, inclúe compromisos como a redución dun mínimo dun 15% do total das persoas que se atopan en risco de pobreza e exclusión a finais de 2016 e un 25% ó final do mandato; aumentar a taxa de ocupación un 10%; dedicar un mínimo de 110 euros por habitante ó ano a actuacións de protección e promoción social; ou implantar cláusulas sociais na contratación pública. En total son quince artigos que se poden asinar individualmente ou en conxunto e inclúen a dimisión no caso de que se incumpran. Sestayo firmouno todo. “Queremos gobernar para unha cidade na que todos teñamos aseguradas unhas condicións de vida dignas”, afirmou.
A candidata socialista reivindicou accións que xa emprendeu na súa etapa como concelleira de Servizos Sociais, como o Plan Solidario “que o PP derogou de feito meténdoo nun caixón”. Beatriz Sestayo acusa ós populares “de quere esconder a pobreza”, fronte ó seu compromiso por “erradicala”.
Ademais anunciou a construción dun albergue para persoas sen teito (para o que xa barallan unha ubicación) e un plan de inclusión para este colectivo.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620