
O IES de Catabois denunciou de forma pública a falta de actuación por parte do Concello de Ferrol e da Xunta de Galicia para dar solución a varios problemas que veñen padecendo desde hai anos e que poñen en perigo a seguridade da comunidade educativa do centro.
Refírense, en concreto, á existencia dun importante socavón entre o muro de peche do recinto escolar e a beirarrúa. Ademais, falta tamén parte da rexa do instituto.
O centro deu conta destes problemas ao goberno local, quen á súa vez se comprometeu a trasladar a problemática á Xunta de Galicia.
Porén, ata o momento non se recibiu comunicación algunha polo que desde o centro úrxese que se dea unha solución, sobre todo tendo en conta que en setembro retomaranse as clases e, de non estar reparadas estas deficiencias, seguirán supoñendo un risco para os alumnos. n








