Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

“Gigantes”, a exposición sobre a construción de petroleiros en Astano chega hoxe a Fene

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Concello de Fene inaugura hoxe, ás 20.00 horas, a exposición “Gigantes” que foi elaborada orixinalmente pola Fundación Exponav o pasado ano co gallo da V edición do Congreso Europeo de Turismo Industrial. A mostra poderá visitarse ata o próximo día 29 de abril na Casa da Cultura (de luns a venres de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 21.00 horas e, os sábados, de 10.00 a 13.00 horas). A mostra inclúe paneis informativos, maquetas e material audiovisual para repasar a historia dos 38 petroleiros construídos na antiga Astano.

anos de logros
Segundo os seus promotores, nesta exposición preténdese recoller dunha forma atractiva o “boom” que significou a construción dos maiores petroleiros do mundo botados dende grada. É a época, entre 1964 e 1982, de maior actividade, progreso e empuxe do asteleiro Astano, icona da ría e berce, xunto coa EN Bazán, do maior emporio técnico naval do país.
Entre os anos 1967 e 1983 rexistrouse un cumio de actividade histórico no estaleiro, converténdose nun punto de referencia industrial do país. Nese intervalo de tempo, Astano construíu 38 buques petroleiros, dende os máis pequenos de distribución de 500 TPM para Campsa, ata o maior buque feito en grada inclinada para o armador “Gulf Oil Corporation”, de 363.000 TPM. Unha mostra que agora pode verse en Fene.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620