Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Aberta a inscrición para as XIII Xornadas Literarias de Neda adicadas ao xénero do terror

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Coa participación do Concello, a Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña, celébranse as XIII Xornadas Literarias de Neda os días 22, 23 e 24 de abril no campus ferrolán e na Casa das Palmeiras da vila nedense. As persoas interesadas en participar no evento poden inscribirse gratuitamente na Casa da Cultura de Neda, a través do correo electrónico cultura@neda.dicoruna.es, ou ben desde o número de teléfono 981 390 233.

Especialistas

A cita abrirase no campus de Esteiro o día 22 a partir das 20.00 horas coas intervencións do alcalde nedense Ignacio Cabezón e o decano da facultade de Humanidades, Manuel Recuero. A partirb de aí haberá dúas xornadas en Neda de conferencias sobre a literatura e o cinema de terror con especialistas como a profesora Teresa López-Pellisa, da Universidade Autónoma, o programador do CGAI José Manuel López Sande; o editor David Cortizo, do selo de terror Urco, ou o profesor David Clark. Todos eles falarán acerca de Drácula, Frankenstein ou modernos terrores biotecnolóxicos.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620