Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Mobilizacións con motivo da folga do ensino do día 9

0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara

As mobilizacións contra a reforma educativa impulsada polo ministro Wert, que se veñen sucedendo desde o pasado ano, cobrarán o vindeiro día 9 de maio un dos momentos máis álxidos coa convocatoria de folga no ensino público por parte das plataformas que tanto a nivel estatal como galego veñen expresando reiteradamente o seu total rexeitamento á norma. En Galicia, unha vez máis, non haberá unidade á hora de desenvolver as accións previstas para a xornada reivindicativa por parte das organizacións convocantes.

Así, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público de-senvolverá manifestacións e concentracións ese mesmo día ás 11.30 hora da mañá en diferentes cidades e localidades da comunidade. En Ferrol, a marcha partirá da Praza de España para chegar a Armas. O colectivo, integrado por sindicatos como a CIG-Ensino, STEG, Federacións de Anpas como a de Ferrolterra, BNG, Galiza Nova e movementos de renovación pedagóxica, entre outros, consideran que o fundamental da xornada é evidenciar o máximo rexeitamento á Lomce para conseguir a súa retirada. Por iso, fan un chamamento a participar activamente na folga e nas mobilizacións previstas para ese día.

Pola súa banda, a Plataforma en Defensa do Ensino Público –integrada por CCOO-Ensino, FETE-UGT, CSIF, Confapa, Sindicato de Estudantes, Iesga e Escola Viva– ten convocadas para o día da folga manifestacións nas catro provincias galegas, ás 19.30 horas. Ámbalas dúas plataformas fan un chamamento á toda á comunidade educativa e tamén á cidadanía para secundar a xornada reivindicativa e amosar deste xeito a oposición a esta lei.

0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara