Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Xesús Constela leva á Feira do Libro a súa comedia “Apoteose das perchas”

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O escritor ferrolán Xesús Constela protagoniza hoxe a xornada literaria na Feira do Libro de Ferrol que continúa a celebrarse na praza da Constitución. Constela, gañador de premios tan prestixiosos como o “Torrente Ballester” e o “García Barros” estará na carpa institucional ás 19.00 horas para presentar o seu último traballo, “Apoteose das perchas” (Edicións Embora), unha novela cómica que inclúe humor, crimes e unha investigación policial ambientada na cidade de Nápoles. O escritor ferrolán será entrevistado no acto polo xornalista de Diario de Ferrol Nicolás Vidal.
A xornada de actividades comezará un pouco antes, e ás 18.00 horas o contacontos Pablísimo narrá as historias do seu espectáculo “Os contos de Pablísimo”. A partir das 19.00 horas a actriz e escritora Fusa Guillén asinará  exemplares de “La noche de Samaín”, finalista do premio da Asociación de Teatro para la Infancia y la Juventud. Un volume que tamén inclúe as obras “Lo que no se enseña”, de Alberto de Casso Basterrechea; e “1/5 de abuelo”, de Nieves Fernández Rodríguez. Á mesma hora a escritora Pilar Berrio estará asinando exemplares na caseta do espazo lector Nobel. Finalmente, ás 20.00 horas, o narrador, músico e animador cultural Xurxo Souto presenta o seu espectáculo “Océano para terrícolas”, unha performance interactiva sobre o seu premiado libro “Contos do Mar de Irlanda”.

xornada do día do libro
Onte, en plena Feira de Ferrol, como cada 23 de abril celebrouse o Día do Libro. A coincidencia apenas variou o programa con actividades alleas a unha xornada normal. Destacou, iso si, o feito de que con cada adquisición os libreiros regalaron un caravel. Ademais, houbo un concerto dos alumnos do Conservatorio Xan Viaño.
Xa no eido estritamente literario, celebrouse unha actividade de animación á lectura a cargo da Federacións de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, a través dun espectáculo de contacontos en linguaxe de signos. Así mesmo, Carlos de Vilanova asinou exemplares dos seus libros “Tu enemigo eres tú” e “La limpieza hepática”. Miguel Anxo Alonso levou o seu espectáculo de contacontos á feira e a mugardesa Teresa Cameselle presentou a súa premiada nova obra, “Quimera”.
Finalmente, o editor e escritor José Luis Salamanca deu a coñecer o seu novo libro, “Diario de un invierno”, unha narración sobre a súa propia experiencia profesional ao coidado de enfermos terminais.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620