Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Mar detén a reinstalación ao detectar un aumento nos niveis de E.coli

0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos

Os mariscadores a flote das confrarías de Ferrol e Barallobre non puideron faenar onte no banco das Pías logo de que a Consellería do Medio Rural e do Mar, a través do Intecmar, llelo impedira tras detectar niveis de contaminación microbiolóxica (E.coli) máis altos do permitido para a zona de reinstalación de Punta San Carlos.
As últimas mostras de mexillón de rocha enviadas a analizar a semana pasada pola asistencia técnica do pósito ferrolán revelaron un incremento da contaminación fecal no espazo no que se depuran os bivalvos procedentes das Pías até parámetros de zona B, isto é, entre 230 e 4.600 E.coli, o que, na práctica, supón o incumprimento das condicións establecidas nos regulamentos europeos para a declaración dunha zona de reinstalación.
Segundo esta normativa, aprobada no ano 2004, só se poden localizar bateas para depurar os moluscos bivalvos de xeito natural en augas limpas, é dicir, zonas A, nas que a concentración de E.coli por cada 100 gramos non supera as 230 unidades.
É a primeira vez desde que se creou a zona de reinstalación da ría de Ferrol –hai dous anos, en novembro de 2011– que as mostras constatan un incremento da  contaminación fecal nesas augas, que, como se lembrará, pasaron naquela altura de estar clasificadas como B estábeis a A provisionais. Segundo a guía de referencia para os cambios nas zonas de produción marisqueira, o Cefas, só se pode decretar a estabilidade dun banco cando se mantén a mesma clasificación durante un periodo de tempo prolongado, de aproximadamente tres anos.
Polo de agora, os mariscadores, que a semana pasada comezaron a realizar ao mediodía e polas tardes os traslados de marisco dentro do plan de rexeneración da ría elaborado pola empresa pública Seaga, terán que traballar nas zonas libres –todas elas catalogadas como B– até que o Intecmar autorice de novo a extracción nas Pías para a depuración nas bateas. Segundo o biólogo da confraría de Ferrol, Félix Cerqueira, non será probablemente até o xoves cando se saiba se ese aumento da contaminación fecal é ou non unha circunstancia puntual.

inestabilidade
A situación do sector marisqueiro na ría de Ferrol non se dá estabilizado desde mediados do pasado mes de outubro. Como se lembrará, o día 12 o Intecmar ditaminou o peche da zona de reinstalación logo de constatar que a marea vermella por toxinas lipofílicas que comezara nas Rías Baixas se estendera tamén á de Ferrol. Foi un mes despois, o 15 de novembro, cando a Xunta deu por rematado o peche e autorizou de novo o uso das bateas para depurar o marisco procedente de zonas moi contaminadas polas verteduras urbanas.

0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos