Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Falece Francisco Porrúa, editor de Gabriel García Márquez

0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara

O editor de clásicos da literatura universal como “Rayuela”, de Julio Cortázar, ou “Cien años de soledad”, de Gabriel García Márquez, faleceu na noite do xoves en Barcelona, á idade de 92 anos, despois dunha doenza pulmonar que o mantivo hospitalizado durante as últimas semanas. Porrúa, un nome imprescindible no mundo editorial, pois foi tamén responsable da editorial Minutauro e, con ela, da tradución ó español de libros de literatura fantátisca de Tolkien ou Bradbury, ten un pasado ferrolán, pois nesta cidade viviu durante uns anos.
Porrúa lembraba nunha entrevista publicada en Diario de Ferrol en 2005 e recollida no libro “Ferrolán de seu”, de Nicolás Vidal e José Gómez Fandiño, a impresión que lle causou a cidade despois de vivir na Patagonia arxentina. “Ferrol fue después del desierto patagónico mi primera ciudad; me pareció una suerte de paraíso: calles empredradas y limpias con muchos tranquilos días de sol”.
A delicada saúde da súa nai fixo que con ela e os seus irmáns regresasen a Galicia (Porrúa nacera en Corcubión), concretamente á cidade onde o seu avó materno, Jesús Fernández Abelenda, tiña un despacho de notario, ademais de ser entón presidente do Casino. Eran os comezos da década dos 30.
Recordaba Porrúa na entrevista “la calle Real, los cantones, el cine Jofre, las tardes dominicales de cine infantil en el Casino, los paseos por la Graña, las enigmáticas –para mí– manifestaciones callejeras que proclamaban “¡Abajo las cavernas!”, los astilleros, muy activos entonces, los dos teatros de variety junto a la casa de mi abuelo y, sobre todo, la plaza de Armas, el corazón para mí de la ciudad”. Regreso Porrúa coa súa dona a Ferrol a finais de século e quedou doído e impactado pola reforma desa praza tan querida para aquel neno, convertida “en una superficie abominable y estéril”.
Todavía este mes de abril, con motivo da morte de Gabriel García Márquez, falaba Francisco Porrúa con lucides con este diario dun autor no que soubo ver antes que ninguén a súa importancia e co que mantivo a amizade ata o seu pasamento. “Estimaba tanto su escritura como su conversación, era un ser de una sabiduría natural única. Fue un gran escritor y un ser humano excepcional”, afirmaba.

0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara