Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Ponte Far resume os mellores poemas da nosa tradición

“O libro pretende ser unha guía para estudantes, profesores e, en xeral, para toda persoa que queira ter a man, ler en calquera momento poemas que marcaron páxinas brilantes na literatura galega, castelá e hispanoamericana”. Así resumiu o profesor José Antonio Ponte Far a cerna de “Los poemas que no puedes dejar de conocer”, un traballo que onte presentou na sede ferrolá da UNED acompañado polo ilustrador da obra, Pedro Castro.
O acto contou cun recital poético final a cargo das profesoras Ángeles Seoane, Ana Vizoso e Viki Taibo. O volume inclúe 101 poemas de autores variados de espazo e tempo entre os que están nomes referenciais como Quevedo, Machado, García Lorca, Rosalía de Castro, Cunqueiro, Xulio Valcárcel, Benedetti, Neruda ou Rubén Darío.