Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Sarabela presenta en Narón a viaxe á infancia de “A idade da pavía”

0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos

Sarabela Teatro pon hoxe en escena no Pazo da Cultura de Narón unha obra do arxentino Arístides Vargas que a través dun universo cercano ó realismo máxico conta o devir de tres xeracións de mulleres dunha mesma familia. Dúas delas, Eleonora e Celina, reconstrúen a través da súa relación epistolar o que sucedía na súa vella casa da infancia “onde todo podía suceder: había mulleres paxaro que non voaban,  nais árbores que daban froitos que podrecían, tías somnámbulas que tentaban aprender a tocar o violín, velorios de quince días... Recordos embriagados polo viño de pavía onde se mesturan a tristeza, a soidade e a ridiculez cos desexos, os soños e as esperanzas”, explican desde a compañía ourensá.
“Son imaxes que conmoven, que fan sentir cun sabor agridoce, ten retranca, momentos de tenrura pero é agridoce porque hai dor e hai desexo”, explicaba antes da súa estrea a súa directora, Ánxeles Cuña. “Fala da marxinalidade e do exilio pero non dunha maneira explícita senón dunha forma poética, lindisima, a través das nove mulleres que compoñen este universo único e extraordinario”.
Cuña dirixe un elenco formado polos habituais desta veterá compañía: Fina Calleja, Nate Borrajo, Sabela Gago e Fernando Dacosta.
A representación en Narón será esta tarde, ás oito, con entradas a 9,50 euros e os descontos habituais a aboados, desempregados e estudantes.

concerto de fin de ano
A axenda cultural en Narón continuará mañá domingo co concerto de fin de ano que darán no escenario do Pazo da Cultura a Banda Infantil, a Xove Banda de Narón e tamén o grupo TEN, da escola de teatro. Comezará ás sete da tarde e as entradas custan dous euros. Estas atópanse á venda na billeteira, hoxe con horario de dez a unha e de cinco o oito da tarde.
Seguirá a festa co espectáculo familiar que montou a orquestra Panorama para este Nadal. “Panorama Kids” verase no Pazo os días 29 e 30 de decembro, ás cinco da tarde, e con entradas a dez euros.
Esta orquestra, unha das máis seguidas e reclamadas en Galicia, adapta o seu repertorio a estas datas para interpretar temas de carácter infantil, tanto actuais como clásicos. Ó mesmo tempo ofrecerán a súa cara máis persoal e humana, contando as vivencias cotiás da formación e distintas anécdotas.

0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos