Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Redes invade a praia de Almieiras en resposta ó asalto vikingo limodrés

0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara

O próximo 25 de agosto a Romaría do Pote de Maniños, curiosa entre tódalas demais por laica, cumprirá 80 anos. Quizais dentro de outros tantos se festexe tamén o aniversario das invasións mariñas que se reparten os de Limodre e os de Redes desde hai menos dunha década. E entón, para explicalas, haberá que ir ás orixes, a agosto do ano 2006, cando un grupo de amigos que paraban no bar El Emigrante, na praia de Almieiras (no lugar de Río Castro), en Limodre, decidiron gastarlle unha brincadeira ó seu amigo Emiliano, que traballaba de camareiro en Redes, na Pousada do Mariñeiro. Así que un 4 de agosto marcharon a secuestralo. Xa se correra a voz e a “pandilla” eran máis de 70 persoas con camisetas conmemorativas. E Emiliano tampouco opuxo gran resistencia para subir a bordo e volver á praia matriz. Os de Redes non deixaron pasar unha afrenta de tal calibre e o 26 dese mesmo mes, 150 persoas foron conquistar o areal fenés e rescatar ó secuestrado.
Hai oito anos desta ocorrencia e o que comezou como unha chanza converteuse nunha das festas máis concorridas do verán, con centos de persoas navegando pola ría en calquera elemento flotante para chegar ó seu destino, batallas de auga e escuma, comidas populares e concertos. Este mesmo 3 de agosto foron os de Limodre ó ataque. Eran máis de 1.300, axudados por xentes doutros puntos da ría. Onte tomáronse a revancha os do municipio aresán. Eran algúns menos, uns 300, e tamén se botaron ó mar no que puideron para de-sembarcar en Almieiras e manter o “status quo” . Foron recibidos con auga, globos, escuma, e tamén con bebida e bocadillos. De regreso a Redes, á noite, gozaron cunha churrascada na praza do Pedregal. Non faltou a música, do dúo Lázaro e Chanel e, desde a unha da madrugada, un concerto co grupo On The Band, que se prolongou ata altas horas. E para os que non quixeron rematar aínda entón esta festa, na Pousada do Mariñeiro había sesión de discoteca. n

0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara