Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Comarcas

Moeche e San Sadurniño súmanse ao programa social “Xantar na casa”

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina

A Xunta de Galicia ven de sumar dous novos concellos ao programa social Xantar na Casa. Así, os concellos de Moeche e San Sadurniño disporán na comarca deste servizo. Un total de dez persoas en cada un destes concellos poderán verse beneficiadas polo servizo, que na actualidade xa leva comida ao fogar de máis de 1.300 usuarios de toda Galicia.

O programa Xantar na Casa, ademais de achegarlles unha dieta equilibrada, de calidade e axustada ás necesidades de cadan un dos usuarios, permite levar a cabo tamén unha labor de vixilancia, posto que os maiores manteñen un contacto regular coas persoas que lle achegan as comidas, e isto xenera tamén certa tranquilidade entre estas persoas que saben que recibirán esa visita diaria.

Informan desde a Xunta de Galicia que no que levamos de ano oito municipios da provincia se adheriron ao programa e poden prestarlle este servizo aos seus maiores. Isto supón a incorporación de máis de 80 novos usuarios a este plan na provincia, que reparte mais de 40.000 menús mensuais por todo o territorio galego. O programa Xantar na Casa chega na actualidade a máis de 1.300 persoas, o obxectivo da Xunta de Galicia é acadar os 2.000 usuarios, como indican.

Con iniciativas como esta a Xunta de Galicia segue a traballar para que a xente de mais idade poida escoller libremente onde facerse maiores.

Feira Rural
Noutro orde de asuntos, o Concello de San Sadurniño lembra que ata o 28 deste mes é posible reservar espazo para tomar parte na vindeira edición da Feira Rural, que este ano alcanza once anos. A cita celebrarase na zona da Cortiña, ao pé do paseo fluvial do Xubia, durante a xornada do sábado 31 de agosto. O evento volverá a reivindicar o valor estratéxico do sector primaria e as posibilidades de desenvolvemento sustentable do ámbito rural, xa que no marco da feira prodúcense exposicións, obradoiros, visitas guiadas e concursos, entre outras propostas. A solicitude debe presentarse no Rexistro do Concello.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica