O Club Montaña Ferrol realizou onte unha saída ás zonas húmedas do interior –Cospeito e Reocaldo– co biólogo Pedro F. Flores, dentro da programación de educación ambiental Aulas Verdes de Montaña.
Dende a entidade criticouse a pasividade do Concello ó “abolir unilateralmente” este programa. O clube valora negativamente a traxectoria medioambiental do Concello que se traduce, ó seu xuízo, en “cero accións –consello local de medioambiente, iniciativas concretas, axenta 21, etc–”. O motivo é, para o Club Montaña, que estean xuntas Urbanismo e Medioambiente.




















