Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Tendencias

Os Mestre Mateo reivindican en Lugo o talento do audiovisual galego

Premios Mestre Mateo
Un momento dunha anterior edición dos Mestre Mateo
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asiste esta noite en Lugo á gala de entrega dos XXIV Premios Mestre Mateo do audiovisual galego para celebrar cos artistas e coa industria do sector o mellor da produción de cine e televisión realizada polos profesionais do país durante o pasado 2024. A cita, organizada pola Academia Galega do Audiovisual, conta co apoio da Xunta de Galicia a través dun convenio de colaboración que achega 70.000 euros para a súa organización e para as actividades complementarias, ademais da colaboración a través da marca Galicia Calidade.

Acompañado polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, o titular de Cultura do Goberno autonómico subliñou o “magnífico panorama de creación artística e o crecente potencial de proxección dentro e fóra de Galicia que definen o audiovisual galego máis recente” e, ao mesmo tempo, López Campos aproveitou a oportunidade para felicitar a todos os equipos humanos que o fan posible.

A cidade da muralla acolle por vez primeira a cerimonia dos Mestre Mateo, que ten lugar no Auditorio Fuxan os Ventos nunha gala dirixida pola realizadora Marta Arévalo e na que traballan máis de 150 técnicos de 50 empresas. A presentación corre a cargo da actriz Trisha Fernández e o actor Federico Pérez. Durante ela, repartiranse 25 galardóns aos que concorren máis dun cento de candidaturas finalistas, tanto individuais como colectivas, e tamén recibirá o galardón de honra Fernando Rey a lingüista e tradutora Rosa Moledo. Por vez primeira desenvolverase, ademais, un espectáculo en directo desde un segundo escenario do recinto, que será presentado polo cómico Rafa Durán.

Este ano, todas as obras que concorren a Mellor longametraxe de ficción, 'Antes de nós', 'Sirat', 'As liñas descontinuas' e 'San Simón', contaron para a súa realización con subvención da Xunta de Galicia a través das liñas anuais de axudas á produción e coprodución de proxectos audiovisuais. Tamén chegaron ás pantallas co apoio do Goberno galego moitos dos títulos presentes como finalistas noutras categorías: as curtametraxes 'Abellón', 'Adeus Berta', 'Algo novo que contar', 'Lucus' e 'O corpo de cristo'; a serie de televisión 'Bibopalula', ou os documentais '360 curvas', 'Deuses de pedra' e 'O silencio herdado'.

A cooperación coa Academia Galega do Audiovisual insírese no programa de apoio a este sector que a Xunta de Galicia leva a cabo e cuxo eixe central son as convocatorias anuais de subvencións, que abranguen as diferentes etapas do proceso cinematográfico, desde a creación ata a distribución. Para o presente 2026 está previsto un orzamento global de máis de 6,7 M€ destinados a todas estas liñas de axuda.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620